A orixe

Heivos ser sinceiro. Todo comezou, como non podía ser doutro xeito, nunha noite de borracheira. E digo que non podía ser doutro xeito non só polo crapulento do  historial dos personaxes que nos ocupan, dada a súa excelencia no campo da esmorga e o malvivir, seguramente o 80% das historias que queiramos contar sobre estes moinantes debería comezar igual. Pero esta é unha historia diferente. Unha historia diferente que, como digo, ten que ter comezo necesarimente nunha noite de borracheira, xa que un proxecto da natureza da que estaban a dar forma estes dous, só pode incubarse nun contexto exento de toda cordura, de toda sensatez. E abofé que aquel contexto reunía tales condicións. A cousa foi máis ou menos así:

O almanaque apuraba as últimas datas de 2.009. Había cousa de ano e medio que a relación entre Adri e Cons mudara sensiblemente. Dunha cordial amizade pasaran, en apenas seis meses, a unha relación case que conxugal. Traducido ó “feisbuquiano”, mudaran o seu estado de “unha relación aberta” a un “é complicado” tirando a “prometidos”. Ata dis que por O Calvario houbo quen escoitou badaladas de voda, pero fontes achegadas á parella aseguran que nunca se albiscou tal posibilidade. A monogamia era algo antinatural para estes dous picaflores da vida social, pero case nada sucede por casualidade nesta vida.

Por outra banda, eran tempos ociosos para Cons. Nada preocupante para unha mente ordinaria, pero non é o caso. Para unha mente hiperactiva, en constante proceso de análise e creación coma a de Cons, o feito de dispoñer de tantas horas desocupadas ó cabo do día implica riscos serios. Por iso digo que nesta vida case nada sucede por casualidade.

O caso de Adri era diferente. Por aquelas datas cumpríase exactamente un ano desque comezara a traballar para unha empresa á que el alcumaba “Nazis S.A.”. Empresa de viles explotadores, no seu código de valores non quedaba nin rastro de humanidade, nin a máis mínima intención de facer o máis mínimo trámite polo legal. Tan só unha grotesca falla de escrúpulos, unha avaricia infinita coa que non cesaban no seu empeño de lucrarse a costa das urxencias de xente necesitada, a costa dos dereitos laborais e ata humanos dun grupo de traballadores que, iso si, gardaba desconcertantes peculiaridades de carácter ideolóxico, unha ideoloxía diametralmente oposta á de Adri. Todos estes factores e outros cantos máis conformaron un cóctel de vilezas difícilmente asimilable para unha mente ordinaria, pero non é o caso. Para Adri era imposible. Xa demostrara sobradamente noutras empresas a súa total intolerancia ante os abusos de poder, o seu amor propio impedíalle someterse  a unha panda de tiranos fascistas corruptos e ignorantes, e aquelo estábao a consumir por dentro. O seu interior era un fervedoiro de rabia, impotencia, sensación de autotraizón. Sentimentos que mal encauzados poderían ter rematado en sabe Deus qué, pero por sorte o cauce escollido conduciunos até a mellor das desembocaduras posibles. Porque moi poucas cousas, prácticamente nada sucede por casualidade nesta vida.

Non foi casualidade que dous xeitos tan semellantes de percibi-la vida, dúas mentes bulideiras, con gañas de facer grandes cousas, dúas mentes pouco ordinarias, confluíran había ano e medio e agora se atoparan no mesmo punto de partida. Unha con sobrecarga de traballo, tras longo tempo analizando e creando. Outra coa necesidade de redimirse, con sede de vinganza. As dúas empapadas en licor café. Non había cordura, non había sensatez. O contexto era perfecto. Xa só quedaba agardar.

Advertisements

20 respostas a “A orixe

  1. Que nerrrrviossssssss!!!

  2. Prezados Adri e Cons: dende hoxe declárome fiel seguidor da vosa trepidante aventura. Ei carballeira!!!

    Apertas,

    Rubén(ru)

  3. non miro a hora de comezar a ler as vosas aventuras!! VAMOS!!!!!

  4. Eu quero ir con vóooooos!! E grande primeiro artigo, agardo o segundo con impaciencia!

  5. Xa estou enganchada!!! Tedes que ser todo o regulares que poidades e non deixarnos en ascuas coma telecinco nos interminables intermedios!!! Queremos maaaaais!!!

    • Nooooeeee! Xa sabía eu que o teu comentario non me fallaba, e o teu apoio tampouco. 😉
      Serei regular narrando as nosas aventuras, raíña, douche a miña palabra, aínda que só sexa pola ilusión que me fai. O caso é que dependemos de factores externos como a conexión a internet, entre outros, pero cando non poida publicar pensa que estará todo ben apuntadiño na miña libreta, co cal na seguinte publicación terás ración dobre. Vamos, que no único que nos habemos parecer a Telecirco será nalgunha que outra instantánea morbosa e de mal gusto, algo inevitable e polo que xa pido desculpas por adiantado. xD
      Un biquiño moi grande, Noe, e grazas por estar ahí.

  6. Eu quero estar no momento de chamada ao dragón milagreiro jejeje, aqui estarei pendiente de escoitar as vosas andainas 🙂

    • Jajajaja! Vale, podes estar, pero se me prometes que non vas facer coma Ulom e irrumpir no momento de pronuncia-lo desexo para pedir unhas bragas! 😀
      Moitas gracias, amigo. 😉

  7. que ganicas de que empeceis la aventura chicos!!!! mucha suerte

  8. A CONQUISTAR EL MUNDO GRAN PEPECHUSPIS

  9. bueno, bueno, xa perdidiños no entroido brasileiro (non lles chegaría Laza e Verín?), non teremos outro post ata que saiades dese país de perdición. MENOS SAMBA E MÁIS COMENTAR!!! que tedes unhas obrigas! ou pensabades non rañar bola todo o ano! un chisco de responsabilidade favor…

  10. Bueno, pues estamos deseando leer el siguiente capitulo las mulatas y sus sambas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s