Concepción do proxecto e primeiros pasos hacia a consecución: un soño feito realidade

Ninguén sabe con certeza, nin eles mesmos, cómo se produciu o momento exacto no que xurdiu a idea de face-la volta ó mundo. Tampouco cándo. Nin sequera ónde. Psicólogos, sociólogos e demáis estudosos de mentes perturbadas non se poñen de acordo á hora de elaborar unha posible recreación do momento no que se concebiu o proxecto. Dúas son as teóricas escenas que contan con máis apoios. A primeira sería a seguinte:

Martes 15 de decembro de 2.009. 00:40 AM. Bar O Batallón, Churruca, Vigo.
-O mércores temos Asemblea Comarcal.
-¡Pois hai que abogar por unha refundación inmediata do BNG, así non imos a ningures!
-Bueno home, é certo que temos que cambia-lo rumbo, pero tanto como unha refundación…
01:30 AM
-…porque non se pode percibir o mundo dende un punto de vista occidental, hai que percibilo dende un punto de vista intercultural!
-De feito en occidente, por exemplo en Europa, non existe unha verdadeira democracia porque as competencias dos estados reais foron transferidas a un estado europeo inexistente.
-Molaba facer unha viaxe por Latinoamérica, estilo “Diarios De Motocicleta”, para empaparse do esquerdismo alí emerxente.
-O que molaba era facelo por todo o mundo…

A segunda opta máis ben pola seguinte recreación:

Martes 8 de decembro de 2.009. 06:20 AM. Pub Planta Baixa, rúa Lepanto, Vigo.
-Dis que atoparon unha pitón no baño, colega.
-¡Pero iso foi hai unha chea de tempo!
-¿De ónde é a pitón?
-Pois anda por Asia e Oceanía, creo.
06:50 AM
-O xoves hai festa Erasmus.
-Pois desfruta ti que podes. ¡Hip! Colle o enderezo das erasmusas máis interesantes, algún día heilles devolve-la visita.
07:15 AM
-¡Brindemos por iso! ¡Hip!
-¿Por qué?
-Pois non me lembra… por unha pitón que veu aquí de Erasmus, creo… ¡Hip!
-¡Non hai pelotas de devolverlle a visita á pitón!
-¿Que non? ¡Hip! ¡Á pitón e a tod@s! ¡Ernesto!

Como se pode comprobar, a única coincidencia existente entre as dúas teorías é o día da semana no que se desenvolven os feitos. Isto é debido a que o luns era o único día que libraba Adri. Sen embargo eu, que estaba alí e que ó manexar información privilexiada sei que Adri tamén librou un xoves, asegúrovos que a cousa debeu ser algo semellante ó seguinte:

Xoves 10 de decembro de 2.009. 02:50 AM. La Fiesta De Los Maniquíes, rúa Irmandiños número 11, Churruca, Vigo.
-O mércores temos Asemblea Comarcal.
-¡Pois hai que abogar por unha refundación inmediata do BNG, así non imos a ningures!
-Bueno home, é certo que temos que cambia-lo rumbo, pero tanto como unha refundación…
03:15 AM
-¡Molaba facer unha grande alianza entre tódalas nacións celtas!
-Xa… ¡Hip! Espera que vou a por outra rolda. ¡Vane!
03:40 AM
-Falando do Celta -porque en toda conversa trascendental ten que ter cabida o Celta-, ¿qué opinas das fichaxes de inverno?
-¿Papadopoulos e Cellerino? Non os vin xogar na vida, pero dame a min no nariz que nos van aportar o gol que precisamos para engancharnos arriba. ¡É máis, dígoche unha cousa! ¡Hip! A comezos de tempada apostei 10€ a que o Celta gañaba a Copa, e se acerto gaño 20.000€.
-Buah… ¡Hip! ¿En qué podiamos meter 20.000€?

Por desgraza, o Celta non gañou a Copa. O financiamento da viaxe non ía saír dos 20.000€ da aposta de Adri, pero iso era xa o de menos. A semente xa estaba posta. O tema “volta ó mundo” foille gañando espazo nas conversas á política, ó fútbol, ás mulleres e incluso ás pitóns; comezáronse a barallar diferentes alternativas para cubri-lo orzamento, o que naceu como un soño, como un proxecto incoherente e irracional, foi tornanado pouco a pouco en algo cada día máis tanxible, máis posible de acadar. A utopía mudou en ilusión, a ilusión en obsesión, e, co tempo, a obsesión en realidade. Fóronse completando etapas, fóronse cumprindo obxectivos, e antes do agardado xa se estaban a cubrir trámites tan tan inequívocamente definitivos como o trazado da ruta polo miúdo, a posta de milleiros de vacinas e, finalmente, a ansiada reserva de billetes.
Un dos soños das nosas vidas feito realidade. Algo tan difícil de asimilar que, aínda hoxe, mentres escribo estás liñas a falta de menos dun mes para partir, estou desconcertado, tratando de procesar o que ven de acontecer e o que temos por diante.
Só espero estar á altura e saber valorar semellante privilexio na súa xusta medida.

Advertisements

5 respostas a “Concepción do proxecto e primeiros pasos hacia a consecución: un soño feito realidade

  1. Para que serve a utopía? Para seguir camiñando…

    Supoño que seredes as dúas persoas que máis camiñarán este ano perseguindo a utopía. Síntome afortunada de poder alentarvos durante tooooodo o camiño, que algún día penso percorrer!!! Deixade uns gharabansos se tal para que non me perda cando bote a andar aí dentro duns aniños…!

    • Lariña? Estou seguro de que nos chegará o teu bafo, que boa falta nos fará.;-)
      E o dos garbanzos… Impórtache se no canto de garbanzos che deixamos… eu qué sei, cunchas, por exemplo? É que non sei qué me dá que non habemos andar demasiado sobrados de comida, sabes? xD

  2. jajaja estades como cabras. Apúntome ó blog. Que teñades sorte. (Adri, son o amigo de Tomás do Carrefour. O do Calvario, vímonos no Celta o domingo. Bo, da igual, quen son, que vos sigo. Sorte!!!!

  3. Adri lo dicho mucha suerte y sobre todo disfrutar el viaje, espero que nos vayas dejando un pedazo de cada sitio en este blog. Bikiños

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s