Despedidas…

Prometérame a min mesmo que non ía publicar neste blogue nada máis que non fose pura narración da aventura. Coñézome bastante ben, e sabía que o ter que dicirlle ata dentro dun ano” a tanta xente en tan pouco tempo ía facer de min estes últimos días unha especie de oso amoroso embarazado, un ser desprezable que vai de aquí para alá choromicando deste ombreiro a aqueloutro, cuns trocos de humor bestiais provocados polos xa máis lóxicos medos e nervios previos ó comezo da aventura.

Son pefectamente consciente de que non teño dereito a estar melancólico nin triste. Non marcho á guerra. Non emigro. Nin sequera marcho unha tempada na procura de novas oportunidades. O domingo saímos rumbo ó Brasil para vivir unha experienza apaixoante, pola que levamos loitando máis de tres anos, coa que imos cumprir o soño das nosas vidas e me consta que o de outra moita xente. Por iso me fixera aquela promesa. Pero non puido ser. Nestas últimas semanas previas á viaxe vivimos intres demasiado especiais como para non reflectilos nas memorias da que con toda seguridade será unha das experienzas máis inesquecibles das nosas vidas.

Teño que dicir que nunca perdimos de vista o marabilloso da afronta que temos por diante. Sempre tivemos presente o privilexiado da nosa situación. Aínda así, os acontecementos das últimas datas sobrepasáronnos por completo. Comezando polo derradeiro partido en Balaídos -do que, por certo, tiven a oportunidade de despedirme a pé de campo e saíndo pola porta 0-, a medida que se achegaba a hora de partir e as persoas a despedir eran máis importantes nas nosas vidas, as escenas gañaban en dramatismo de xeito alarmante.

A miña despedida de Balaídos a pé de campo, no Celta 4 -Recreativo 1. Só espero que a seguinte vez que pise o Templo, éste sexa un estadio de Primeira

E chegou a prensa, e como Cons e máis eu apenas coñecemos a un feixiño insignificante de persoas, a reportaxe en Faro e as entravistas en Radio Galega e Cadena Ser axudaron a que se sumaran á fervenza de despedidas simples coñecidos, amigos de amigos de amigos e incluso unha boa morea de pefectos descoñecidos. Ceas, festas de cócteis, agasallos, amuletos, obxectos para lembrar, apertas, consellos, peticións, bágoas, moitas bágoas… “quérote moito”, “voute botar moitísimo en falta”, e máis bágoas, moitas máis bágoas. E as nosas cabeciñas a piques de estoupar. E os nosos corazóns, nun puño.

Estudio de Radio Galega no que fixen a entrevista para o programa "Galicia por Diante"

Despedida que me fixo a miña xentiña do Calvario. Pelos coma escarpias

E a despedida que nos fixo a nosa xente de Churruca e outro sector do Calvario, entre outros. Demasiado

Pero xa está. Xa estamos no aire. Xa deu comezo a nosa aventura. O soño comeza a cumprirse. Agora o que nos queda é desfrutar, aprender. Non defraudar á nosa xente nin a nós mesmos, facer todo o que dixemos que iamos facer ó longo dos tres anos que nos levou materializa-lo soño das nosas vidas. Cumprir promesas. Pero cumprilas de verdade, non coma cando dixen que non ía publicar nada máis neste blogue que non fose pura narrativa. Estamos nelo. Habémolo acadar.

Advertisements

2 respostas a “Despedidas…

  1. Hola, son unha amante dos viaxes que por motivos de cartos e por falta dun compañeir@ que se anime, os que maioritariamente fago son mediante blogs e foros lendo o que outras personas como vos fan. Cando o outro día vin a reportaxe que vos fixeron na TVGA pois o primeiro que fixen foi ir correndo e porme a leer a vosa aventura.
    Solo podo dicir que INCREIBLE, encantariame poder facer algo asi, pero tamen non sei si tería o suficiente valor para adentrarme en tremenda aventura.

    Moita sorte os dous nas próximas aventuras.

    • Moitísimas grazas Ana! Entendo o que dis en canto a cartos ou compañía, pero eu anímote de todos xeitos a que te lances. Non a facer unha volta ó mundo quizáis, pero si que te probes con algo máis modesto, para ver cómo te poderías desenvolver en aventuras máis esixentes.
      Sorte, e grazas de novo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s