Motivos da aventura

¿Motivos? Moi sixelo: esta viaxe é nós e nós somos esta viaxe. Nós cremos con firmeza que outro mundo é posible, queremos loitar por cambialo, e esta viaxe é o mundo. É o mundo que compre que coñezamos para poder cambialo axeitadamente, atendendo ás necesidades de todos e cada un dos seus recunchos, ata o máis recóndito. E non só iso. Existen infinidade de motivos menores.

Nós somos uns moinantes, festeiros ata quedar sos. E esta viaxe é o entroido do Brasil, Las Vegas, Hawaii, é unha full moon party en Thai.

Nós somos nacionalistas, defendemos a independencia e a persistencia dos pobos, de tódalas culturas do planeta. E esta viaxe é o pobo guaraní, o quechua, o maorí, o aborixe, o tibetano…

Nós somos anticapitalistas. Fuximos do modo de vida da sociedade de consumo, sempre atada a unha hipoteca, a unha letra do tesouro, a un plan de pensións, á procura dun emprego onde te oprimen e te mangonean. E esta viaxe é un percorrido polo outro mundo, ese mundo oprimido, esmagado, asfixiado polo noso, no que vive o 90% da poboación, percorrido no que acabamos de investir os aforros de toda a nosa vida.

¿Motivos? A pregunta non é cáles son os motivos de facer esta viaxe. A pregunta é se existe algún para quedar na casa.

9 respostas a “Motivos da aventura

  1. Pode que o Mundo precise de vós pra que se poda cambiar, ou a lo menos intentalo!

  2. Non hai motivos para qdar na casa!!!! a casa vai convosco!!! 🙂

  3. tende moito cuidadiño e pasalo ben
    Bikiños

  4. virginia gonzalez salas

    hola¡ adrian pasarlo asi de bien y tener cuidado chao¡
    virginia

  5. virginia gonzalez salas

    hola ¡ adrian te manda saludos y pasarlo requtebien
    tere chao¡

Deixa unha resposta a licorcafeteiro Cancelar a resposta