Últimas despedidas, primeiros voos e chegada a Recife

Miami, Florida, 19 de febreiro de 2.012. 22:25 hora local. 04:25 AM hora galega. Non sei a cántos milleiros de pés de altura dixo o capitán Luís que nos atopabamos. Hai 20 minutos que despegou o noso avión rumbo a Recife, primeiro destino marcado na ruta, previa escala en Salvador de Bahía. A hora prevista da chegada son as 10:50 AM hora brasileira, 08:50 AM hora yankee e á súa vez as 14:50 hora galega. Efectivamente, non temos nin idea de en qué hora vivimos. O único que sabemos é que cando aterremos habemos levar máis de un día enteiro voando, xa que á malleira do Miami – Recife hai que sumarlle a do Madrid – Miami, mailas 4 horas de espera no aeroporto da cidade máis representativa do estado de Florida.

Marchamos. Hai silencio. Non hai nada que dicir. Si moito que pensar. Pensamos na mini-fin de semana que vimos de pasar en Madrid canda Vero e Pali visitando ás nosas “mocitas madrileñas”. Na infinita amabilidade coa que se nos tratou en casa de Carlota. Nese xantar entrañable a máis non poder en casa de Mary, con Cristina e máis Ramón. Pensamos en cantísimo te imos a botar en falta a ti e ás túas xenialidades, Mardou. Lembramos o intre no que, xa subidos no coche destino Madrid, unha mociña chamada Pamela Quiroga nos confirmaba vía CouchSurfing que temos fogar en Recife, e de paso nos quitaba unha boa tonelaxe de enriba e desfacía o nó que nos encollía o estómago. Non sabemos nada dela. O seu perfil en CouchSurfing está completamente baleiro, sen amigos nin referencias. Bueno, sabemos dúas cousas: o seu enderezo, e que queremos chegar á súa casa canto antes.

Cara aló imos, Pamela.

Advertisements

6 respostas a “Últimas despedidas, primeiros voos e chegada a Recife

  1. Ó final comezades coa sorte da vosa parte…seguro que os acompañará en toda a vosa aventura!!!! bicos!

  2. Primeira proba…SUPEEEEERAAAADAAA!!!! Noraboa!!!! Os astros confinguranse o voso favor. Estades mas preto de topar as bolas maxicas 😉

  3. ramon cristina

    Hola chicos, Ramón y Cristina, os recuerdan y desde esta maravilla que es Vigo con nuestas Cies, os desean lo mejor y el próximo año haremos otra “pitanza” con LICORCAFE de cierre.
    DENDE ESTA GALIZA QUERIDA UN FORTE APRETA
    Ramón e Cristina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s