FOLGA XERAL 29M

Dendeomundoparagaliza, a Galiza de volta ó mundo, informa de que o día de mañá xoves 29 de marzo, a partires das 11:00 da mañá, vaise xuntar na Plaza de Mayo de Buenos Aires para apoiar á Folga Xeral que vai ter lugar ese mesmo día na Galiza e en todo o Estado español, en repulsa á bochornosa reforma laboral perpetrada polo goberno do Partido Popular.

Contra a reducción da indemnización por despedimento dos contratos indefinidos e a ampliación das causas de despedimento obxectivo.

Contra o establecemento de períodos de proba de un ano.

Contra a equiparación das ETTs ós servizos públicos de emprego.

Contra a preponderancia dos convenios empresariais sobre os convenios colectivos.

Contra o facilitamento do despedimento colectivo, ó non ter as empresas que posuír autorización da Administración para realizar EREs.

Contra a obriga de realizar traballos en beneficio da comunidade dos traballadores que estean a percibir a prestación por desemprego.

Contra o incremento de poder da patronal para controlar e presionar ós traballadores que estean de baixa.

Contra a modificación do sistema de formación para o desemprego.

Dicimos NON á contínua perda de dereitos por parte da maioría social. Nós non queremos pagar a crise que orixinaron os poderes financieiros e as forzas políticas que o apoiaron ou o permitiron.

Estaremos en Plaza de Mayo porque temos traballo: cumprir un soño. Pero mañá as nosas ialmas e os nosos corazóns farán folga e estarán, cómo non, ás 12:00 do mediodía, no cruce da Doblada.

PORQUE UNHA SAÍDA DA CRISE POLA ESQUERDA É POSIBLE. NON Á REFORMA LABORAL.

Advertisements

7 respostas a “FOLGA XERAL 29M

  1. yo voy camino de la doblada x mi y x vosotros dos!! bikiños!

  2. Hola Adri:
    Soy tu primo preferido, jajajaja.
    Me lo estoy pasando pipa a cuenta de las historias que nos estás contando, que se note que eres del Calvario, dejando el pabellón alto como tú sabes.
    Un abrazo y seguir por el mundo montándola.

    David.

  3. yo si que voy a dejar aquí mi comentario.
    Los que estuvimos trabajando durante semanas para que esta huelga fuera un éxito y que en las últimas horas no las teníamos todas con nosotros, nos quedamos anonadados con la respuesta de la gente, en la valoración que hicimos de ese día nos dimos cuenta de que la Unión hace la fuerza y lo vimos en la convocada por la tarde por los tres sindicatos, la pena es que esa unión no estuviese presente también por la mañana ya que, como siempre, la prensa precisamente lo que más destacaba eran los altercados (minoritarios) y la separación. Asi que a ver si para la próxima se llega a un acuerdo (1 de mayo) y vamos juntitos, porque ahora estamos luchando por lo mismo.

    • Totalmente de acordo, Lucy. AGORA, e contra esta reforma, si, si estamos todos xuntos.
      Sería importantísimo estar todos unidos para amosarnos máis fortes ca nunca, porque esa é a única maneira de facer fronte a esta xente.
      Encantaríame estar aí, canda vós, na loita, pero me queda o acougo de que cando chegue, aínda estarei a tempo de sobra para loitar.
      Bicos Lucy, e moito ánimo, Mamá 2!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s