Hoxe a xenreira vive instalada no meu peito. Acendeu onte, e preferín agardar un día para plasmar o meu sentir nun anaco de papel. Mala cousa fixen. Onte alumeaba, hoxe queima. Non sei en qué medida conseguirei transmitir a rabia que sinto nestas verbas. Se o tremer do meu pulso fose un indicador, asegúrovos que moita. Veremos qué sae.
Desta volta a nova pinga que colmou o novo vaso foron unhas imaxes que con estupor puiden ver onte tanto en informativos coma en prensa escrita. Nelas, unha panda de pijos bastardos, que deberon atopar tempo entre o último tiro de cocaína na proa do iate de papá e a primeira felación do día ó cabalo de carreiras de mamá, mofábanse dun señor, afectado polas preferentes, que con motivo da declaración ante o xuíz de María Dolores de Cos-Pedal polo caso Bárcenas, protestaba xunto c@s seus compañeir@s de escrache e pedía a dimisión da número 2 do Partido Podre.
Nuevas Generaciones do Partido Popular, fanse chamar. ¿Nuevas Generaciones de qué? Con sumo gusto respóndovos eu: novas xeracións de lixo. Novas xeracións da calaña máis desprezable que poida concebir a especie humana. Sobriños de Rajoy, o meirande inepto que xamáis deu o mundo da política, mais a quen non lle treme o pulso á hora de afogar a milleiros de familias para tentar satisfacer a sede insaciable da súa estirpe, unha estirpe de corruptos malnacidos podres de cartos manchados co sangue do proletariado.
Fillos de Aznar, outro ser abominable, éste con aires de “ser superior”, coma el mesmo se autoproclamou, un ser superior co único don de apoiar e sumarse á causa da matanza do xigante que masacra ó pequeno para encher o depósito de gasolina, ou o de botar a semente da crise que hoxe nos está a soterrar a tod@s nós.
Netos de Fraga, fascista redomado e orgulloso de selo, ministro e voceiro do réxime franquista, responsable de milleiros de encadeamentos, exilios e execucións de xente que non pensaba coma el, e responsable tamén da matanza en 1.976 de cinco obreiros refuxiados na igrexa de San Francisco de Asís en Gasteiz.
Bisnetos de Francisco Franco, un dos peores xenocidas da historia, asasino de seres humanos, de dereitos e de liberdades; de inocentes, de razóns e de culturas; de familias, de soños e de pensamentos. Exterminador de calquera valor que axude a progresar un país, propulsor de calquera medida que someta a unha sociedade e semente nela o pánico e a submisión.
Tataranetos de Miguel Primo de Rivera e bisnetos asímesmo de José Antonio Primo de Rivera, golpista e líder do directorio militar fascista que gobernou no período dictatorial previo á Segunda República o pai, e fundador da Falange Española e “mártir” do bando nacional na Guerra Civil o fillo.
Éses sodes vós, Nuevas Generaciones. Un fato de babecos neonazis ós que todo lles veu dado na vida, que non teñen nin puta idea do que significa suar para gañar o pan. Necios, sociópatas incapaces de empatizar con alguén que está a sufrir ante as inxustizas sistémicas. Sucios niñatos desalmados, aínda vos mofades deles.
O voso pútrido partido de noxentos fachas róuballe os aforros vilmente a xentiñas que xuntaran os cartos coa suor da súa fronte. Toda unha vida traballando honestamente. Milleiros deles tiveron que emigrar deixando atrás a súa terra, a súa familia, a súa vida, ante a ameaza de ser executados por non compartir a vosa execrable ideoloxía. Fuxindo de vós, porcos asasinos. Lonxe de amosar un mínimo atisbo de arrepentimento ou humanidade, ollades para eles con ese sorriso cínico, soberbio, deleznable.
Ride mentres poidades, fillos da grandísima puta. A vosa estulticia é tal que sodes incapaces mesmo de cheirar a vosa propia merda, na que vós soíños vos ides soterrando e que xa vos chega polo pescozo.
Estades espertando algo que nunca nas vosas dexeneradas vidas ides poder enfrontar. Mentres vós vos regodeades no voso fango, o pobo esperta. Cada traballador/a que deixades na rúa, a vosa fin achégase un chisco. Cada parad@ á que lle negades o acceso á sanidade pública, a conta atrás rebaixa un novo díxito. Cada familia que deixades sen pan é un paso máis hacia a vosa aniquilación. Podedes seguir coa vosa orxía de ruindades e tropelías. Cando esteamos list@s farémovolo saber. Non faremos coma vós, malditos covardes. Poderedes agocharvos nos vosos castelos, pazos, palacios ou palacetes. Somos maioría esmagante, e habémosvos esmagar. Non quedará pedra sobre pedra.
É certo que aínda queda unha posibilidade de virar a situación pola vía pacífica. Mais todo o rencor que estades a sementar non fai máis que alonxar as dúas posturas. A ponte a tender cada vez queda máis xusta. É o que pasa cando o odio se convirte na única saída. Vós quixéstelo así, feixistas malparidos. Como xa se escoita nas rúas:
Os teus asasinos, a nosa xenreira. Os nosos mortos, a nosa semente.