¡Benvid@s!

“Dende o Mundo para Galiza: a procura das Bolas Máxicas”  é o “caderno de bitácora” da volta ó mundo que dende febreiro de 2.012 a febreiro de 2.013 estamos a levar a cabo Cons e máis eu. É a historia de dous galegos de Vigo, dous veciños do barrio do Calvario que un día se decataron de que cumprir o soño da súa vida estaba ó alcance da súa man e lanzáronse a por el renunciando a moitas cousas.

É un relato de aprendizaxe, de procura de novos horizontes, de novas metas. Nel nárranse constantes encontros con personaxes excepcionais, descríbense lugares fantásticos e cóntanse historias extraordinarias, vivencias fenomenais.

Pero pode que, sobre tódalas cousas, “Dende o Mundo para Galiza: a procura das Bolas Máxicas” sexa un relato de formación para futuros retos máis importantes. Porque o mundo que estamos a descubrir estanos a conquistar. Pero á súa vez estamos a recibir da súa parte, e sobre todo da parte das xentes que o habitan, o empurrón definitivo para lanzarnos á loita por cambia-lo sistema que rixe o seu funcionamento.

Benvid@s a “Dende o Mundo para Galiza: a procura das Bolas Máxicas”. Así é o mundo ós nosos ollos. Espero que gostedes.

Advertisements

2 respostas a “¡Benvid@s!

  1. Ola! Escribímosvos do GxD, da Radio Galega. Grazas antes de nada pola participación, divertida e interesante a un tempo ;DD Como xa vos enleou Kiko Novoa, escribímosvos para insistir na nosa interese de manter un contacto convosco na viaxe. Sabemos que non será doado, e por suposto non queremos que se convirta nun gran problema… pero igual estaba ben escoitar como vos vai na aventura nestes meses. O noso enderezo é este: galiciapordiante@radiogalega.es (temos facebook e o tweeter é @kikonovoa). O noso contestador é o 881 997920. Se tedes a posibilidade de darnos algún teléfono de cando en vez, chamariamosvos e gravariamos un minuto en plan: “Saúdos dende XXX, moito frío, que cousas nos pasaron…” En fin, boa viaxe e toda a sorte do mundo ;DDDD

    • Claro que si, compañeir@s! Como ben dicides, non vai a ser doado polo tema de que non imos a levar os móbiles operativos en principio, pero faremos o posible por apañar algún xeito de conectar, máis que nada pola ilusión que me fai.
      ¡Apertas!
      Adri.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s