Arquivo da categoría: Uncategorized

Chegou o momento de que eu tamen escriba algo ;)

Que contaros destas primeiras semanas de “Volta ao Mundo”?? Eu non son unha persoa que goste de escribir, mais podemos intentalo.

Se cadra deberia comezar coa dificultade da despedida… Foi duro! Difícil! Dicir adeus por un ano a tanta xente que queres; …por senón volo contaron Vero,Pali e Mery; case saimos correndo de Barajas para calquer lado que non fora aquel avión, hehe!

Tras todos eses momentos dificiles de despedidas e nerviosismos a verdade que a cousa non puido comezar mellor, pero isto xa o contou Adri…

Asi que neste primeiro tramo de rota brasileira-paraguayo-uruguayo-arxentina que decir novo fora do que non dixera Adri?

Se cadra as miñas propias sensacións… a sensación de estar no alto de Olinda mentres o Sol iba caindo compartindo unha cervexa e falando dos cambios que se teñen producido no Brasil dende que o Partido dos Traballadores (o Lula) tomara goberno mentres a xente seguia brincando.

Se cadra a sensación da utilidade do noso idioma, o galego. “Voce fala muito bem o portugues!” Xa van varias veces que mo din, ao que teño que responder que eu nunca estudie portugues, e que o unico que fago e falar galego.

Se cadra, camiñar pola Chapada Diamantina, aberto a trascendencia, aberto no pais da Fe, aberto de novo ao “Deus da Vida”, “aberto a algo Máis”, sentilo Camiño de novo… saber que esta viaxe ten moito de Ultreia, pero tamén de Suseia… isto non deixa de ser unha pregrinaxe a gran escala.

Se cadra sorprenderte da vexetación similar a nosa… si, aquí tamén hai fentos! Son Atlánticos! O Brasil é unha constante cor verde, pasemos por onde pasemos.

Se cadra o pracer de ser un “becho raro”, un “gringo loiriño”, no medio dun barrio de casas pobres no Salvador, danzando con eles… Se cadra a mala baba que te deixa ver aos branquiños de Salvador nas súas grandes torres con seguranza despois de estar danzando na rúa cos anteriores…

Se cadra deixarse feitizar polo Mar, e pola Luar, Camiño de Ilha Grande … polas Ondas de Ipanema e Floripa coa a súa forza … por ver o Ar arremolinando a Auga da Fumasa e invertindo o seu curso natural e disparandoa para o Ceo … por escoitar Música a luz do Lume dunha vela … por ver como a Terra nun momento pasaba de terreo Calcareo, a Lameiro, a Volcánico… pola potencia do Sol no Recife ao estar tan preto do Ecuador… Pola Choiba tropical que en apenas dous minutos descarga auga sen control… por bañarse no medio da Lagoa en plena tormenta ou tirarse por xigantescas dunas … polo camiñar e de repente aparecer enriba de la “Garganta del Diablo” nas cataratas do Iguazu e quedar tan fora de min que non puiden mais que chorar, facendo miñas as palabras de Alfonso Ricciutto: “Permite que tu alma sea saciada con la belleza impar de este paisaje que aunque el mundo recorras en tus viajes nunca podras hallar, como esto, nada… Y no intentes describirlo con tu voz, sólo inclina la frente ante este abismo que es el espejo de la palabra de Dios”

Se cadra, porque o esprito de Ayrton Senna afinca no coraçao de todo conductor de Onibus brasileiro!

Se cadra por chegar a mercar tabaco en Arxentina e que cando resposndes, son galego, frente a pregunta de onde es… unha señora poñase a falarte en galego ou todos falen da súa ascendencia galega…

Se cadra por ver onde finou o Irmán Daniel…

Por sentir a Liberdade en si mesma da peregrinaxe, sen saber nunca ,cara onde imos nin cando… aprendendo, sempre aprendendo e como mestre, tamén ensinando

De seguro, pola Xente, as Pessoas!! do Brasil e de todas partes, que en cada couchsurfing, hostel, onibus, rúa, aventura… imos atopando

Así que, tras máis de 20.000 km dende que saimos de Vigo, e 5 paises todo é bo, muito bo, (incluido os días de Onibus para trasladarnos) …

Vigo – Madrid – Miami – Recife, Olinda – Salvador, Chapada Diamantina – Vitoria – Rio de Janeiro, Angra dos Reis, Ilha Grande – Sau Paulo ,Curitiba – Foz do Iguaçu – Florianopolis – Portoalegre – Uruguay – Arxentina – Mar del Plata

Ultreia et Suseia!