Hoxe é un día triste para @s que decidimos escoller o camiño da loita, da rebelión e a insubmisión. Porque marchou un dos máis grandes referentes, eses que tanto escasean hoxe en día, que xamáis existiu de revolta, de persistencia, de dignidade, de fraternidade, de reconciliación.
É un día duro de sobrelevar porque ademáis de ter que afrontar a escuridade que deixou o apagar de tan intensa luz, teremos que escoitar cómo a todo tipo de indecentes se lles enche o pozo negro que teñen por boca, laiándose da perda do que el@s tratarán de amosar como unha icona baleira, que adicou a súa vida simplemente a sementar a paz entre brancos e negros.
Farano mentres veneran a unha merda de constitución, que el@s mesm@s vulneran impunemente, por exemplo, aprobando leis para pechar na cadea a tod@ aquel que loite polos seus dereitos e contra a opresión. Igual que lle aconteceu a Mandela.
Que non nos enganen. Porc@s feixistas, lavade a puta boca antes de falar de Madiba. Madiba foi moito máis, qué digo foi, É moito máis ca un mero pacifista. Promoveu a paz e a reconciliación, claro que si. Mais despois de gañar unha loita contra o apartheid que levou por diante non poucos milleiros de vidas. Madiba é a icona dunha loita histórica. Da eterna loita dunha inmensa maioría esmagada polo poder e a falla de escrúpulos dunha minoría detestable.
Acariñei o ideal dunha sociedade ceibe e democrática na que tódalas persoas vivían con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que agardo vivir e ver realizado. Mais, se é preciso, é un ideal polo que estou disposto a morrer.
Deica sempre, Madiba. Prometemos manter sempre firme e limpo o teu recordo.