Arquivo por etiquetas: Folga Xeral

FOLGA XERAL 29M

Dendeomundoparagaliza, a Galiza de volta ó mundo, informa de que o día de mañá xoves 29 de marzo, a partires das 11:00 da mañá, vaise xuntar na Plaza de Mayo de Buenos Aires para apoiar á Folga Xeral que vai ter lugar ese mesmo día na Galiza e en todo o Estado español, en repulsa á bochornosa reforma laboral perpetrada polo goberno do Partido Popular.

Contra a reducción da indemnización por despedimento dos contratos indefinidos e a ampliación das causas de despedimento obxectivo.

Contra o establecemento de períodos de proba de un ano.

Contra a equiparación das ETTs ós servizos públicos de emprego.

Contra a preponderancia dos convenios empresariais sobre os convenios colectivos.

Contra o facilitamento do despedimento colectivo, ó non ter as empresas que posuír autorización da Administración para realizar EREs.

Contra a obriga de realizar traballos en beneficio da comunidade dos traballadores que estean a percibir a prestación por desemprego.

Contra o incremento de poder da patronal para controlar e presionar ós traballadores que estean de baixa.

Contra a modificación do sistema de formación para o desemprego.

Dicimos NON á contínua perda de dereitos por parte da maioría social. Nós non queremos pagar a crise que orixinaron os poderes financieiros e as forzas políticas que o apoiaron ou o permitiron.

Estaremos en Plaza de Mayo porque temos traballo: cumprir un soño. Pero mañá as nosas ialmas e os nosos corazóns farán folga e estarán, cómo non, ás 12:00 do mediodía, no cruce da Doblada.

PORQUE UNHA SAÍDA DA CRISE POLA ESQUERDA É POSIBLE. NON Á REFORMA LABORAL.